Xóvenes Científicos é un proxecto sen ánimo de lucro e con carácter asociativo de Leader Dreams "for Kids" que ten como finalidade axudar aos xóvenes (10-18 anos) a desenvolver un carácter libre e emprendedor que lles permita loitar polas súas ideas e alcanzar os seus soños. A través de distintas actividades búscase que os participantes aprendan a superar obstáculos por si mesmos, desenvolvan un pensamento crítico e adquiran a capacidade de aprender a aprender. É unha educación orientada á adquisición de competencias que, no seu desenvolvemento, asimila conceptos científicos, artísticos e culturais.
No «Camiño das Estrelas» o peregrino enfrontará os seus medos mais íntimos. Coñecelos e aprender a «bailar» con eles, será o segredo do éxito: ¡ven! ¡acompáñame! ¡percorramos xuntos o Camiño do Heroe!
Videoclip da canción «Bailando o Camiño» de David Alonso Rodríguez gravado en Cuatro Pasos – Escuela de Danza coa colaboración de Talentia (Colexio Maristas Santa Maria). Este baile pertence a un proxecto iniciado en La Molinera, desenvolto por Vieiro Asociación e subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do programa #OTeuXacobeo #Xacobeo2021 pronto haberá mais: #Innovación #Tecnoloxía #Arte
Os participantes traballan nun proxecto desenvolvendo a súa capacidade creativa e de construción. Son Makers no sentido xa estendido do termo (Arduino, Apps, etc.), pero tamén son Makers da Comunicación (deseño de marca, vídeo, audio, imaxe, etc.), e Makers de Equipo.
As actividades conflúen nun único proxecto cun produto final (un xogo): estúdiase o mercado (empresa-equipo), deseña-se un produto (enxeñería-tecnoloxía), e apréndese a vendelo (campaña publicitaria-comunicación). Deste xeito, as diferentes actividades únense nun auténtico proxecto empresarial, no cal os rapaces fan realidade un soño/idea.
Vídeo resumo de "Galifornia Dreamers" dentro do programa #IniciativaXove. Obradoiros tecnolóxicos e deportivos #steam relacionados co #surf e o #piragüismo fundamentalmente, deportes que mostran a paisaxe de #galicia, practicados pola nosa #mocidade. Os nosos obradoiros "Galifornia dreamers" Esferas intelixentes (programables): 2 sesións Construción de drons: 3 sesións Táboas electroluminiscentes (estilo lightbalance): 2 sesións Competencias dixitais (básicas e avanzadas): 2 sesións Historias xeniais con Genially: 1 sesións Programación de LEGO EV3 con Python: 1 sesión Deseño e programación de robots LEGO Mindstorms: 2 sesións Iniciación ao voo FPV: 1 sesión Obradoiro de deseño e construción de piraguas: 1 día (9h). Data 9/10/21 Obradoiro de robótica creativa: 1 sesión Proxecto que foi posible grazas ao programa "Iniciativa Xove" da Xunta de Galicia.
Espectacular #regatasolar #marineinstruments en Baiona @RegataMarine. Unha experiencia que imos repetir. Educación por proxectos, aprendizaxe STEAM.
Formaremos un equipo interdisciplinar de mozos que deseñará un producto mínimo viable (PMV) cunha dinámica Lean StartUp. Para isto, precisamos mozos de entre 16-24 anos que queiran participar neste proxecto único e especial. Se estás interesado contáctanos, non te arrepentirás. Será moi divertido e aprenderás a traballar coa dinámica propia do século XXI.
PMV: Preténdese construír un piano xigante e facer unha serie de espectáculos estilo “Big” (Tom Hanks) narrando unha historia de superación como “O Mago de Oz” e facendo un paralelismo co “Camiño de Santiago”: enxeñería, programación, manualidades, música, baile, etc. é un producto que aúna todas as dimensións persoais e, por isto, poderás traballar no que realmente se te da ben.
Continuamos a innovar nos nosos obradoiros de «Ler conta moito»: este ano introducimos drons no Xogo de Ender e construímos os nosos propios marcadores laser. Contamos con vos! Aquí as nosas propostas:
1. O Xogo de Ender (robótica creativa, drons e lásertag):
Unha clase de Robótica creativa, moi divertida: aprenderán a programar con bitbloq e arduino, construirán un pequeno circuito eléctrico e xogarán cun lasertag moi orixinal: terán que facer voar dous cuadricopteros e desactivalos coas pistolas láser.
2. O Principiño en figuras de luz (contacontos e obradoiro artístico):
Contamos a historia do Principiño e facemos un obradoiro de figuras luminosas moi atractivas. Sempre construímos algo para a propia Biblioteca e os rapaces.